viernes, 24 de abril de 2020

Xogamos cas cores!!


Boas a todos e todas! Hoxe imos a facer un xogo para que poidades entretervos en familia na fin de semana.
Os materiais empregados son:
-          Oveira
-          Pintura (ceras, rotuladores, temperas...)
-          Folios, papeis de periódico ou papeis para reciclar.
-          Plastilina.
Descrición da actividade: Pintaremos o fondo dos ocos da oveira con calquera tipo de pintura (a que teñades a vosa disposición). A continuación pintaremos papeis, polas dúas caras, cas mesmas cores que empregamos para pintar a oveira. Se pintamos con tempera, deixaremos secar.
Cando xa estén os materiais secos, colleremos os papeis e faremos unhas pelotas. Para facer as pelotas tamén podemos empregar plastilina, pero que sexa das mesmas cores que o fondo da oveira. Meteremos as pelotas nunha bolsa, irémolas sacando e teremos que meter cada unha na oveira pero na súa cor correspondente.
Traballaremos con isto a discriminación das cores, emparellamento, coordinación ollo - man, as formas, etc.



Compartide os vosos deseños con nós! Unha aperta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario