miércoles, 22 de abril de 2020

E se plantamos algo?


Hoxe 22 de Abril é o día da Terra e por iso vos traemos un espazo de ciencia, no que traballaremos a manipulación e a experimentación pero tamén a observación ao longo dos días, de como nace unha planta.

Os materiais que precisamos son:
-          Unha bolsa de conxelados.
-          Cinta adhesiva.
-          Culleres de distintos tamaños.
-          Sementes ou legumes.
-          Terra e un recipiente (un bol, unha botella cortada pola metade, unha maceta...).
-          Auga.
-      Un palillo ou agulla.

Descrición da actividade: As familias tedes que preparar un recipiente con terra, os nenos poderán experimentar e xogar con ela, descubrir diferentes calidades da terra ( a súa textura, se ten pedras, a súa temperatura...). Despois darédeslle aos nenos e nenas culleres de distintos tamaños para que traspasen a terra á bolsa, con isto traballamos cheo, baleiro, moito e pouco. Mostrámoslle as sementes e explicámoslle que ao meter a semente na terra irase alimentando e coa axuda da luz do sol medrará. O neno ou nena meterá a semente na terra  e coa culler botaralle unha pouca auga. Logo cerrarémola pola parte superior con cinta adhesiva e pegarémola nunha ventá, pero faremoslle uns pequenos buracos na bolsa con un palillo ou agulla para que a planta respire.
                Dentro da bolsa producirase un microclima, isto axudará a que xerminen e broten as primeiras plantas. Ao estar nunha bolsa transparente poderedes ensinarlle aos nenos todo o proceso de crecemento da planta. Cando a planta medre e xa non caiba na bolsa cambiarémola a un testo ou á horta.
                Como sempre se queredes compartídeo con nós! Unha aperta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario