lunes, 27 de abril de 2020

Voa bolboreta voa!


Feliz semana familias! Seguimos dándolle cor as nosas casas. Facemos unhas bolboretas? Esta é a nosa proposta. Pero se vós tendes ideas mellores podedes facérnolas chegar.



Materiais necesarios:
-          Papel de forno ou un folio.
-          Palliñas de cores.
-          Tesoiras.
-          Pegamento.
-          Pintura.

Descrición da actividade: a persoa que dirixa a actividade debuxará no papel de forno a silueta dunha bolboreta, daralla ao neno ou nena para colorear. A continuación, os máis maiores poden recortar anacos das palliñas de cores, aos máis pequenos será o adulto quen llas corte. Unha vez teñamos os anacos recortados poden xogar con eles e manipulalos. Podemos xogar con eles e a agrupalos por cores, para traballar a discriminación. Unha vez que xa manipulasen e asimilasen as cores, poremos pegamento nas ás da bolboreta e os nenos e nenas pegarán as palliñas. Pegaremos a bolboreta nunha ventá e poderemos ver como entran os raios de luz a través das palliñas de cores.
Non vos esquezádades, compartide os vosas obras con nós! Unha aperta!


No hay comentarios:

Publicar un comentario